Carmen Lomana léaa cos seus comentarios sobre o físico da infanta Sofía

"Ten as pernas gordas", dixo sobre a filla dos Reis no programa de Antena 3 Espejo Público
Carmen Lomana. INSTAGRAM
photo_camera Carmen Lomana. INSTAGRAM

As declaracións de Carmen Lomana este xoves no programa Espejo Público comentando os  estilismos da familia real durante o Día da Hispanidade foron obxecto de polémica.

Referíndose á infanta Sofía, de 14 anos, a mediática empresaria comezou dicindo que "ese pelo, para un día tan importante... eu non lle deixou esa melena ao Pantoja, recolléseo un pouquiño".

As críticas non tardaron en chegar a través das redes cando a mediática empresaria continuou comentando que o vestido que levaba a menor era "demasiado curto". "Ten unhas pernas que non saíu á súa nai, saíu á outra parte, tenas un pouco gordas...", sinalou.

Ante estas palabras, Susanna Griso, presentadora do programa, reaccionou cun espontáneo "Ai pobriña! Ai, por favor! Como pode dicir iso?", ao que Lomana respondeu que "Non pasa nada, é unha monada, ademais estou encantada... pero entón non me preguntedes".

Comentarios