Clara Lago leva ao seu mozo a Monforte

Viaxou á cidade do Cabe co tamén actor José Lucena
Clara Lago. INSTAGRAM
photo_camera Clara Lago. INSTAGRAM

Esta semana volveu a Monforte a actriz Clara Lago. As súas visitas á cidade do Cabe son habituais, xa que os seus pais viven desde hai anos nunha casa nos Navás, en Sober. Nesta ocasión, Clara Lago non viaxou soa, senón cun acompañante masculino que podería ser a súa última parella, José Lucena, tamén actor, igual que ela e o seu anterior noivo, o popular Dani Rovira.

Amante do deporte e da natureza, José Lucena traballou como intérprete en varias curtametraxes, en televisión e en teatro. Tamén é empresario, con locais de restauración en Madrid.