Jesé Rodríguez volveu a facerse viral, e non precisamente por marcar un gol. O futbolista canario publicou unha mensaxe na súa conta secundaria de Instagram, \
"Eu no medio do sexo mordo, rabuño, nalgueo e cacheteo. Por se non lle gustou o po, polo menos que non se esqueza da malleira", escribiu o futbolista nesta conta, que adoita empregar para pór cancións ou contar cousas de índole persoal.
A mensaxe recibiu fortes críticas a través das redes sociais, tanto por parte dos seus seguidores como do público xeral. Aínda que Jesé escusouse dicindo que se trataba dunha broma, as fortes palabras non gustaron.