Concha Velasco sofre unha pneumonía que require a súa hospitalización

A actriz, que tivo que suspender a súa función na Coruña, foi trasladada a Madrid para a súa recuperación

Concha Velasco. DP
photo_camera Concha Velasco. DP

A actriz Concha Velasco sofre unha pneumonía pola que o pasado domingo tivo que suspender a función de El Funeral que tiña prevista nun teatro da Coruña, unha doenza da que a van a tratar no hospital de Madrid ao que a trasladan desde Galicia, informou este martes a Efe o seu mánager.

A actriz viaxa nestes momentos a Madrid nunha ambulancia desde A Coruña e está previsto que chegue ao mediodía ao hospital da capital no que a trataron dun linfoma que lle detectaron en 2014.

Segundo Antonio Durán, mánager da actriz, Velasco, que o 29 de novembro cumprirá 79 anos, sentiuse indisposta o pasado domingo e tivo que suspender a función.

Detectáronlle unha pneumonía que lle trataron alí cunha reacción "moi positiva" aos medicamentos e os facultativos decidiron trasladala a Madrid. "O venres darana de alta e o día 4 debutará na Latina con El Funeral -que escribiu o seu fillo Manuel-", asegurou Durán.

"Foi só a suspensión e o susto, pero todo evoluciona de forma normal", engadiu o seu mánager. Velasco interpretara no teatro Rosalía de Castro da Coruña El Funeral "con normalidade" o pasado venres e sábado.

Comentarios