Falece unha xove modelo ucraína tras inxectarse un remedio contra a resaca

Á espera da autopsia, algúns dos seus amigos negan que esta sexa a causa da morte
64746573_1349070868579845_8264790655224424609_n
photo_camera Janna Rasskazova. INSTAGRAM @fakemooddd

A modelo de 29 anos Janna Rasskazova faleceu repentinamente o pasado domingo. As primeiras investigacións indican que a morte se produciu tras a inxección por parte da moza dun tratamento ilegal de vitaminas contra a resaca, despois de que pasase varios días de festa, a pesar de que os seus amigos negan que esta sexa a causa.

A nova modelo, natural de Kiev, é tamén famosa por ser DJ e ter sido moza Playboy

Segundo a prensa local, Janna -natural de Kiev e famosa tamén por ser DJ e ter sido moza Playboy- empezou a sentirse mal e rapidamente perdeu o coñecemento, e cando chegaron os médicos xa non puideron facer nada. Do mesmo xeito, un amigo da falecida declarou ao diario Moskovsky Komsomolets que intentou espertala ao darse conta de que respiraba “dun xeito estraño” mentres durmía pero foi en balde, xa que “comezou a afogarse e desmaiouse”. Ademais, á espera da autopsia a testemuña nega as primeiras hipóteses sobre a morte, que apuntan que a falecida recorrería a un cóctel prohibido de vitaminas.

Comentarios