'Hannah Montana' fuma un porro nos MTV Awards

Miley Cyrus volveu a acender a polémica. Os seus esforzos por deixar atrás a súa cándida imaxe Disney para dar un xiro cara á madurez está a deixar unha chea de acendidos comentarios. Nesta ocasión foi máis lonxe do previsible durante a gala dos MTV Awards, que se celebrou en Ámsterdam. E é que a cantante acendeu un porro no momento no que subía a recoller un premio. Con este xesto eclipsou  por completo unhas declaracións de Eminem, que decidido a dar a nota no evento gritou un ''amo as anfetaminas'' durante a velada.

Comentarios