domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Un home que busca amizade a través Milanuncios emociona a Twitter

Publicación en Milanuncios. TWITTER: @ELADRINE
Publicación en Milanuncios. TWITTER: @ELADRINE
A publicación viralizouse en cuestión de horas despois de que unha usuaria desta rede social a publicara no seu perfil

Un home de 63 anos que publicou no apartado de emprego de Milanuncios que busca amizades da súa idade é o último que emocionou a Twitter.

Luís Alberto, o autor do anuncio, indica na súa publicación que é viúvo, está ben de saúde e busca amizades para facer actividades típicas da idade, como pasear, saír a cear, facer sendeirismo, etc. Aclarou tamén que non busca sexo e que incluso pode axudar con tarefas domésticas a quen o necesite.

Unha usuaria desta rede social (@eladrine) foi a encargada de facelo viral publicando unha captura do anuncio no seu perfil xunto coa frase "Ola dóeme algo" e unha emoticona dun corazón roto.

As reaccións empatizando con Luís Alberto non tardaron en saír. Varios usuarios da plataforma ofrecéronse a pasear con este home, cuxo anuncio se viralizou en cuestión de horas, acumulando miles de interaccións.

Un home que busca amizade a través Milanuncios emociona a Twitter
comentarios
ç