Iñaki Urdangarín paseando da man dunha muller que non é a infanta Cristina converteuse este mércores na gran noticia do papel couché. A revista Lecturas publicou, en exclusiva, unhas fotos do que fora duque de Palma en actitude cariñosa cunha moza loura nunha praia próxima á localidade francesa de Bidart, onde o ex xogador de balonmán adoitaba pasar os seus veráns coa filla dos Reyes de España.
Pouco tardou en saír á luz a identidade desta muller. Trátase de Ainhoa Armentia, unha compañeira de traballo do despacho de avogados ao que se incorporou Urdangarín na capital alavesa tras obter o terceiro grao. Segundo informou El Correo, a parella coñeceuse no despacho Imaz&Asociados e este mércores ningún dos dous acudiu a traballar.
¡BOMBAZO! Pillamos a Urdangarin con otra mujer mientras la infanta Cristina vive en Suiza. Todas las fotos de la #exclusiva que más va a dar de qué hablar explicada con todo detalle por @pilareyre #ExclusivaLecturas https://t.co/vHjKe9Z7sL pic.twitter.com/IbImKebo74
— Lecturas (@Lecturas) January 19, 2022
Nun primeiro momento, Lecturas informou, por erro, de que a muller era Ania Montoya, unha modelo de 32 anos elixida Miss Álava en 2010 e participante de Miss España en 2011. Con todo, a revista rectificou ás poucas horas
Pablo Urdangarín, fillo da infanta e do seu aínda marido, deu a entender que a separación dos seus pais é un feito. "É un tema familiar e xa está; son cousas que pasan", dixo o xogador do FC Barcelona de balonmán, de 21 anos, deslizando que estaba ao tanto da situación sentimental do seu pai.
Desde que Iñaki Urdangarín tivo problemas coa Xustiza por delitos económicos, que lle supuxeron unha condena de case seis anos de cárcere, o matrimonio coa infanta Cristina resentiuse. Cando el, ao cumprir dous anos e oito meses en prisión, quedou en réxime de semiliberdade, fixou a súa residencia en Vitoria. Dona Cristina, pola súa banda, vive en Suíza.