Imanol Arias e Irene Meritxell sepáranse

A parella, que levaba 11 anos xunta, puxo punto final "hai meses" á súa relación 
Imanol Arias e Irene meritxell. CARLOS DÍAZ (EFE)
photo_camera Imanol Arias e Irene Meritxell. CARLOS DÍAZ (EFE)

Imanol Arias e Irene Meritxell xa non están xuntos. Así o confirmou en exclusiva a revista Semana que, tras poñerse en contacto cun amigo da parella, puido saber que se teñen moito agarimo, sempre van ter unha relación especial e non será estraño que os vexan xuntos". 

O círculo próximo da parella tampouco descarta que puidesen retomar a súa relación nun futuro, pero, polo momento, a propia Irene confesou a Jaleos que non teñen relación sentimental "desde hai meses". 

Non é a primeira vez que a parella ten unha crise e decide romper. No ano 2016 dábanse un tempo e, tras retomar pouco despois a súa historia de amor, en 2017 volvían tomar camiños separados. Foi entón cando ela decidiu mudarse a Miami, onde continuou coa súa carreira como fotógrafa. Pouco despois volvían unir as súas vidas e esta vez cun compromiso: a parella dábanse o si, quero en novembro dese mesmo ano nunha notaría de Madrid. 

Esta cerimonia foi unha sorpresa para todos e quixeron levalo en segredo, xa que non o viviron coa presenza de familiares nin de amigos. "Sempre é divertido, bonito, celebralo con amigos pero sentiámonos xa casados, celebrados e felices. Era unha cuestión de papeis", confesou ela meses despois. 

Imanol Arias, de 65 anos, e Irene Meritxell, de 44, coñecéronse no aniversario dun amigo e non foi ata días despois cando conseguiron verse de novo para o que sería a súa primeira cita. 

Para Imanol Arias, un dos actores máis coñecidos de España, esta ruptura supón o seu segundo divorcio. En 1980 casou con Socorro Anadón e despois conviviu durante 25 anos con Pastora Vega, a nai dos seus dous fillos, Jon e Daniel.

Comentarios