A infanta Cristina reaparece coa alianza posta tras a súa separación de Urdangarín

A filla do rei Juan Carlos foi vista no aeroporto de Zúric, onde chegou tras pasar un par de días co seu pai
La infanta Cristina. EFE
photo_camera A infanta Cristina. EFE

Cristina de Borbón foi fotografada por primeira vez tras publicarse as imaxes de Iñaki Urdangarín con Ainhoa Armentia durante unha escapada a Francia. A revista ¡Hola! publicaba este mércores unha fotografía da infanta no aeroporto de Zúric, onde chegaba tras visitar ao seu pai, Juan Carlos I, en Abu Dabi –con quen estivo durante dous días nunha vila da illa de Nurai (golfo Pérsico)– . Desde Zúric collería un avión de volta a Xenebra, onde reside xunto á súa filla.

Na imaxe publicada pola revista pódese observar a Cristina esperando sentada coa súa maleta, distraída mirando o seu teléfono móbil. O detalle que máis chamou a atención é, sen dúbida, que a filla de rei Juan aínda leva a súa alianza de casada, ao contrario que Urdangarín, que foi visto recentemente sen a súa.

Comentarios