Jácome lánzase a facer dominadas na inauguración dun espazo deportivo

O alcalde de Ourense demostrou nas súas redes sociais que está perfectamente capacitado para facer este exercicio
Gonzalo Pérez Jácome. TWITTER
photo_camera Gonzalo Pérez Jácome. TWITTER

Serven para traballar as costas, os brazos, os pectorales e incluso os abdominais. As dominadas son un dos exercicios máis habituais —e esixentes— que ven nos ximnasios. Quen demostrou estar capacitado para facelas é alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

O rexedor deu o seu inauguración particular a un novo espazo deportivo na cidade termal, concretamente no barrio de Barrocanes. Tal e como publicou na súa conta de Twitter, Jácome lanzouse a facer dominadas nunha das barras habilitadas para iso neste emprazamento, o que provocou múltiples reaccións na rede social.

Comentarios