Jeff Bezos viaxará ao espazo o 20 de xullo

O fundador de Amazon irá acompañado do seu irmán na primeira viaxe tripulada da súa compañía Blue Origin
Jeff Bezos. EFE
photo_camera Jeff Bezos. EFE

A data deste lanzamento, no que Bezos estará acompañado do seu irmán, programouse quince días logo da súa marcha como conselleiro delegado de Amazon.

"Desde que tiña cinco anos sempre soñei con viaxar ao espazo. O 20 de xullo farei esa viaxe co meu irmán. A máis grande aventura, co meu mellor amigo", di Bezos en Instagram, nunha mensaxe que acompaña dun vídeo no que o fundador de Amazon invita ao seu irmán a vivir con el esta experiencia.

Bezos explica que ver a terra desde o espazo "cámbiache e cambia a túa relación co planeta e coa humanidade" e subliña que toda a súa vida quixo vivir esa aventura.

O pasado 26 de maio, nunha reunión virtual de accionistas de Amazon, Bezos anunciou que abandonará o posto de máximo responsable da compañía o próximo 5 de xullo, cando se oficializará o traspaso ao seu sucesor, Andy Jassy

Así, como el mesmo indicou, terá máis tempo para centrarse en iniciativas filantrópicas e na xestión das súas outras empresas, Blue Origin e o diario The Washington Post.

Bezos fundou no ano 2000 Blue Origin, a súa empresa de exploración espacial.

A compañía mantén aínda aberta a poxa dun asento neste primeiro voo tripulado no que viaxarán Bezos e o seu irmán. Segundo a páxina web, a poxa máis alta atópase neste momento en 2,8 millóns de dólares.

Comentarios