Jennifer López e Álex Rodríguez poñen á venda un piso de luxo en Nova York

Trátase dunha propiedade de 370 metros cadrados en Manhattan

Jennifer López. EFE
photo_camera Jennifer López. EFE

A cantante Jennifer López e a súa parella, o exxogador de béisbol Alex Rodríguez, puxeron á venda por 17,5 millóns de dólares (15,1 millóns de euros) o apartamento de luxo que comparten en Manhattan, informou o portal Page Six.

Trátase dunha propiedade de 370 metros cadrados que compraron por uns 15 millóns (13 millóns de euros) en marzo do ano pasado, no rañaceos 432 Park Avenue, coñecido por asemellarse a un lapis e ser o edificio residencial máis alto do mundo, con 96 alturas.

A ambas as celebridades, cada unha con dous fillos de matrimonios previos, "encántalles o edificio", van ao seu ximnasio e utilizan a súa sala de xuntas para as súas reunións, pero "necesitan algo máis grande para a familia", recolle ese medio.

Pola súa banda, López busca desde finais do ano pasado un novo dono para o seu ático dúplex no edificio Whitman, con vistas a Madison Square Park, e pide por el 27 millóns de dólares (23,4 millóns de euros), fronte aos 20,16 millóns (17,4 millóns de euros) que pagou en 2014.

Comentarios