Kiko Rivera confesa que foi adicto ás drogas

O fillo de Isabel Pantoja confesou en 'GH Dúo' que puido superar esa dura etapa grazas ao apoio da súa muller e a súa nai

Kiko Rivera en GH Dúo. TWITTER
photo_camera Kiko Rivera en GH Dúo. TWITTER

Kiko Rivera confesou que foi adicto ás drogas durante unha época da súa vida. "Consumía haxix e marihuana todos os días, e tamén cocaína. Para min ir traballar era pegarme unha festa, non rendía no meu traballo, non daba o que tiña que dar", desvelou en Gran Hermano Dúo.

"Paseino moi mal, todos os baixóns que tiven na miña vida pensaba que poderían solucionarse coas drogas", explicou o fillo de Isabel Pantoja, que asegura que grazas ao apoio da súa muller, Irene Rosales, a súa nai e os seus amigos conseguiu "saír dese mundo".

A súa esposa foi un dos alicerces máis importantes durante esta dura etapa. "Ela púxose firme e endereitoume, custoume o máis grande pero hai un ano e medio xa son un home limpo. Grazas a deus conseguino, aínda sigo co tratamento e facéndome as miñas probas, onde todos os que me queren poden ver que sigo ben", apuntou Rivera.

"Grazas á miña nai e á miña muller son unha persoa nova e unha persoa feliz, e agradecereillo ás dúas eternamente ata o día que me morra", declarou o DJ no programa de Telecinco.

Comentarios