Kiko Rivera volve á carga: "A miña nai débeme tres millóns"

Concede unha entrevista demoledora a Mila Ximénez
Kiko Rivera. EP
photo_camera Kiko Rivera. EP

Kiko Rivera volveu xonceder unha exclusiva á revista Lecturas na que arremete contra a súa nai, Isabel Pantoja. Esta entrevista, realizada tamén como a anterior por Mila Ximénez, é aínda máis demoledora que a primeira na que acusou á súa proxenitora de dispor da súa parte da herdanza do seu pai, Paquirri.

O DJ afirma sentirse "orfo sen selo" e denuncia que a súa nai lle debe tres millóns de euros, pero recoñece que non emprende accións legais porque non quere vela no cárcere.

A primeira entrevista de Kiko a Mila Ximénez en Lecturas foi sorprendente e supuxo a ruptura da cordialidade entre nai e fillo. Publicouse o pasado novembro. "Cando tiña 18 anos fun coa miña nai a asinar algo e non se o que asinei" explicou. Unha acusación que deu para varios episodios de Cantora, a herdanza envelenada, programa de Telecinco. Entón Kiko despachábase a gusto contra a súa nai acusándoa de tela "enganado e roubado".

O final de 2020 foi moi duro para el. Por primeira vez, non pasou o Nadal coa súa nai. Tampouco a súa irmá. "¿Sabes o que foi este último fin de ano? Desde que teño uso de razón paseino en Cantora. ¡É tan duro ser orfo sen selo!", sostén agora.

E aínda que a relación entre Kiko Rivera e Isabel Pantoja estea rota, o fillo pregunta pola súa nai: "A miña curmá e a miña irmá dinme que está de moito nabo, que está máis delgada pero que é normal", revela o DJ, alucinado, nas súas últimas declaracións. E termina dicindo: "Non quero confusións, son eu o que non quere falar contigo. !Fasme dano! !Es ti a que me fallaches! ¡Es ti a que me mentiches! !Son eu o que non quere o apelido Pantoja nin con Kiko Rivera!".

Comentarios