El Cigala ofrecerá un concerto en formato "íntimo" no Museo Estrella Galicia

O cantaor madrileño repasará os seus grandes éxitos o 13 de decembro na sala de caldeiras de Mega xunto ao pianista Jaime Calabuch. Esta cita na Coruña incluirá cata e maridaxe
El Cigala. EP
photo_camera El Cigala. EP

Mega, o Museo Estrella Galicia, acollerá o 13 de decembro unha "velada singular" de cervexa, gastronomía e música. Esta poraa o cantaor flamenco Diego El Cigala, quen, acompañado polo pianista Jaime Calabuch, revisará algúns dos grandes éxitos do seu repertorio. Nel están traballos como Lágrimas negras ou El Cigala & Tango.

O museo destaca que a cita, para a que se abrirá por primeira vez a un concerto a sala de caldeiras, permitirá descubrir "desde a proximidade" a esencia dunha das voces máis recoñecidas da música de raíz. As entradas para o directo, cun máximo de 100 espectadores, están á venda na web www.mundoestrellagalicia.es.

As portas abriranse ás 21.00 horas para que os asistentes poidan gozar dunha cata e maridaxe exclusiva con cervexas representativas da casa. Nesta ocasión, Mega ofrecerá dúas cervexas acompañadas de dous pratos: un inspirado en México —en homenaxe ao disco do cantaor El Cigala canta a México— e outro vinculado á gastronomía galega, que acompañará a Cervexa de Nadal 2022.

Unha hora despois, ás dez da noite, comezará o directo do artista, "un show próximo e irrepetible" na sala de caldeiras de Mega.

Comentarios