Mario Vargas Llosa retrata a Tamara Falcó

"Sinxela, riseira, sincera e moi simpática" son algúns dos adxectivos que lle dedica
Tamara Falcó
photo_camera Tamara Falcó. ARQUIVO

"Sinxela, riseira, sincera e moi simpática" son algúns dos adxectivos que utiliza o Premio Nobel de Literatura Mario Vargas Llosa para retratar a Tamara Falcó, filla de Isabel Preysler, muller con quen o escritor comparte agora a súa vida.

No retrato que fai dela para a revista Harper's Bazaar, Vargas Llosa asegura: "desde que a coñecín, pensei que pola súa simpatía, a súa cordialidade e ese espírito emprendedor e optimista da vida podía ser unha actriz moi exitosa, sobre todo nesas comedias lixeiras que encantan aos ingleses e ao público en xeral".

Empresaria da súa propia firma de moda, presentadora, cociñeira e imaxe de moitos produtos cosméticos, Tamara Falcó demostrou ser unha moza multifacética. "Tomouse moi a peito as clases na pequena pantalla". 

Escribe o Nobel de Támara Falco que "os andeis do seu cuarto enchéronse de libros de cociña que, cónstame, estuda rigorosamente e pon en práctica, co que nos beneficiamos todos os residentes desta casa". 

Aos seus 39 anos, Tamara Falcó, a única filla que tivo o empresario Carlos Falcó con Isabel Preysler, é a nova marquesa de Griñón, título que herdou do seu pai. 

"Sempre está de bo humor e sempre riseira. Incluso cando vai a misa, o que fai puntualmente pois desde que se converteu ao catolicismo é unha practicante moi estrita, como o é tamén a súa avoa materna, que acaba de cumprir 98 anos e está dunha peza". 

"Como o estará Tamara, sempre alegre e contaxiando a súa alegría cando cumpra esa respectable idade. Que viva moitos anos para alegrar a vida dos seus amigos e parentes é algo que esperamos todos os que a queremos. E oxalá sexa así", conclúe.

Comentarios