A primeira dama de Estados Unidos, Melania Trump, sufriu un descoido en Twitter. Ou simplemente quixo mandar unha mensaxe ao mundo sobre a relación que atravesa co seu marido, Donald Trump.
O escritor Andy Ostroy publicou un tuit cunha animación da muller moi seria durante a toma de posesión do flamante presidente estadounidense e a seguinte mensaxe: "Parece que o único muro que Donald Trump construíu é o que hai entre el e Melania Trump".
A dúbida é a seguinte: obra de piratas informáticos ou advertencia ao dono da Casa Branca?
I suspect this isn't a real account for @flotus... pic.twitter.com/ziWXhlHruV
— Andy Ostroy (@AndyOstroy) 03 maio 2017