Miguel Bosé apoia unha manifestación contra o uso obrigatorio da máscara

O cantante recibiu críticas de varios artistas vía Twitter
Miguel Bosé
photo_camera Miguel Bosé

O cantante Miguel Bosé apoiou unha manifestación contra o uso obrigatorio da máscara e anunciou que acudirá a esta protesta que terá lugar este domingo 16 de agosto ás 19.00 horas na Praza de Colón, en Madrid. 

Nun vídeo publicado polo artista na súa conta de Twitter explícase que a manifestación ten como obxectivo "sumar a un millón de persoas" para expresar o seu "desacordo coas medidas implantadas en España polo Covid-19", en concreto, contra o uso obrigatorio da máscara. 

Miguel Bosé, que anunciou noutro tuit que acudirá á manifestación, recibiu críticas a través da rede social doutros artistas como Marwán, Ismael Serrano ou Luís Cepeda. 

"Converter a negativa a levar máscara nun exercicio de rebeldía é unha bobada. A rebeldía móstrase ante o poder que nos somete de xeito inxusto. Isto é simplemente atentar contra o ben común: a saúde de toda unha comunidade", respondeu Ismael Serrano a través da súa conta de Twitter. 

Comentarios