Morre de cancro aos 67 anos Gonzalo 'Salo', membro fundador de Extremoduro

Salo foi baixo e guitarra nos tres primeiros discos da banda
Salo. RTVE
photo_camera Salo. RTVE

O músico Gonzalo Muñoz Hinojal, Salo, uns dos membros fundadores da banda Extremoduro, faleceu este martes en Plasencia (Cáceres) aos 67 anos a causa dun cancro.

Integrante da banda placentina entre 1988 e 1993, Salo foi baixo e guitarra nos tres primeiros discos xunto a Robe Iniesta e Luís Iglesias García, Luís Von Fanta.

Centos de seguidores de Extremoduro mostraron as súas condolencias a través das redes sociais pola morte do músico de Plasencia, que levaba moitos anos afastado da música. Tamén xurdiron as primeiras peticións para que a capital do Jerte lle renda homenaxe e lle adique unha rúa

Comentarios