A navarra Amaia Izar representará a España en Miss Mundo

Ten 21 anos e estuda Ade

Amaia Izar. INSTAGRAM (MissWorldSpain)
photo_camera Amaia Izar. INSTAGRAM (MissWorldSpain)

A navarra Amaia Izar Leache, de 21 anos, representará a España na próxima edición do certame Miss Mundo.
Amaia Izar foi elixida nunha gala celebrada esta fin de semana en Rota (Cádiz) entre cincuenta e dúas mulleres, representantes cada unha delas de todas as provincias españolas e Ceuta e Melilla, segundo informou a organización de Miss World Spain nunha nota de prensa.

Estudante de Administración e Dirección de Empresas, Amaia Izar fala, ademais de castelán, eúscaro, inglés e chinés.
Os seus hobbies son a danza, a música, viaxar e ler e o proxecto social ao que quere beneficiar coa súa coroación é a Asociación París 365, dedicada a persoas en risco de exclusión de Pamplona.

Defínese como cariñosa, amable e disciplinada e na súa biografía conta que decidiu estudar empresariais "para crear a miña propia ONG".

O personaxe público ou da historia ao que máis admira é a paquistaní Malala Yousafzai, que, tras sufrir un atentado, gañou o Nobel da Paz por loitar polos dereitos das mulleres do seu pobo. 

Comentarios