Omar Montes e Victoria Federica protagonizan un dos vídeos do verán

Un TikTok bailando unha das cancións do artista convértese no viral do momento
Omar Montes, Victoria Federica y Jorge Bárcenas. TWITTER
photo_camera Omar Montes, Vitoria Federica e Jorge Bárcenas. TWITTER

O cantante Omar Montes, afeito estar na fala da xente, protagoniza un novo vídeo viral en redes. Nesta ocasión o motivo foron os seus acompañantes nun baile subido á rede social TikTok. O cantante xuntouse coa filla da Infanta Elena e Jaime de Marichalar, Victoria Federica e co seu noivo, o DJ Jorge Bárcenas.

@omarmontesoficial

Diablita remix !! Aquí os dejo los pasos prohibidos 🌶

♬ sonido original - Omarmontes

O encontro tivo lugar no backstage dun dos últimos concertos do cantante madrileño, que foi o encargado de subir o vídeo xunto ao texto "Diablita remix !! Aquí os dejo los pasos prohibidos". En referencia á súa última e exitosa canción e aos tímidos bailes que se animaron a facer. Tamén publicou unha foto en twitter á que titulou "Como reyes".

A sobriña do Rei Felipe VI acostuma, xunto ao seu irmán Froilán, a acaparar portadas e miles de comentarios en redes sociais. Nesta ocasión parece que o vídeo non dará pé a moitos memes nin chistes e quedará nunha anécdota casual. 

Comentarios