Orozco renova o seu blogue

O alcalde de Lugo, José López Orozco, modernizou o seu blogue para convertelo nun videoblog e, desta forma, dispor dun contacto "máis directo" coa cidadanía, segundo indicou na súa presentación. O mandatario lucense foi un dos primeiros alcaldes de España en dispor dun blogue, que puxo en marcha en 2006, aínda que levaba un tempo paralizado para modernizalo, co que, de novo, renovará o seu contido e incorporará a posibilidade de incorporar diferentes vídeos.

López Orozco destacou que se trata dunha actividade que pretende aposta sen custo para as arcas municipais, que ten o obxectivo "seguir dado prioridade ao uso de novas tecnoloxías nun plano de igualdade e con ánimo de participar da gran conversación que, segundo a segundo, se produce na rede". O alcalde lucense indicou que tamén mantén unha incesante actividade e presenza a través de distintas canles das denominadas redes sociais como Twitter, Facebook ou Flickr.

López Orozco presentou esta iniciativa nunha conferencia de prensa xunto á concelleira de Servizo Xerais, Luisa Zarzuela, quen fixo un balance do tráfico de usuarios do portal de Internet do Concello de Lugo en 2010. Un total de 796.525 usuarios visitaron o portal do alcalde e efectuaron 4,8 millóns de consultas en distintas seccións. Ademais doutros 30.000 que efectuaron trámites administrativos desde os seus domicilios, segundo os representantes do Concello. O portal recibiu visitas de usuarios de 108 países diferentes, entre os que destacan sobre todo Portugal, Arxentina e Estados Unidos, aínda que tamén houbo consultas desde China e Xapón.

Comentarios