Patiño pon a toalla en Area

A xornalista de crónica social reláxase dos estudio gozando da praia vivariense e da gastronomía local
María Patiño retirándose de la playa tras ser descubierta por los fotógrafos. J.M.PALEO
photo_camera María Patiño retirándose da praia tras ser descuberta polos fotógrafos. J.M.PALEO

O verán tamén achega ata a Costa lucense a personaxes do cuore, como se puido comprobar este venres en Viveiro, onde foi vista a xornalista ferrolá María Patiño gozando da praia de Area, unha das predilectas de veciños e visitantes ademais de ser das máis bonitas e espectaculares.

A cronista de vida social e prensa rosa, actual colaboradora de Sálvame, chegou ao concello vivariense hai uns días. As malas linguas asegura que escapaba de compañeiros paparazzis que pretendían dar co seu paradoiro durante estas vacacións.

Patiño está a gozar coa tranquilidade do coñecido areal vivariense, no que prolonga o tempo, atrasando dese modo as comidas para coincidir co menor número posible de persoas nos establecementos aos que acode. Foi vista nun par de coñecidos negocios hostaleiros da localidade.

A tamén presentadora de Socialité, espazo tamén de Telecinco, canle á que se incorporou en 2011 -pasando por diferentes programas vinculados á crónica rosa- comentou a persoas coas que se relacionou durante estes días a beleza das paisaxes; así como da propia praia de Area, na que afianza o seu moreno.

A ferrolá aproveitou a súa estancia en Viveiro para saborear algúns dos mellores pratos da gastronomía local, entre os que non faltou o marisco; sobre todo porque os establecementos en que se aloxa e efectúa as comidas son moi recoñecidos polo seu bo facer neste campo, ademais de contar con manxares que aos que é difícil que calquera padal poida resistirse.

SAUDADA. A presenza de María Patiño chamou a atención de moitos bañistas, algúns dos cales ao recoñecela achegáronse para saudala en persoa.

A xornalista gozou dun clima benigno, debido a que o chuvieiro do pasado mércores deixou un ambiente bastante máis fresco que o sufocante e caloroso que dominaba ao longo da semana anterior.

Comentarios