Paulina Rubio será 'coach' de 'La Voz' en Antena 3

A cantante presenta este venres 'Deseo' o seu primeiro álbum de estudo en sete anos

Paulina Rubio. JUANJO MARTÍN
photo_camera Paulina Rubio. JUANJO MARTÍN

Paulina Rubio confirmou este venres que se converterá nun dos catro mentores (coach na xerga do programa) da próxima edición do concurso de talentos televisivo La Voz, que debutará proximamente en Antena 3. A mexicana, que xa desempeñou este papel de xurado en concursos similares doutros países, incluída a edición mexicana de La Voz, ocupará a cuarta e última cadeira do soado concurso xunto a David Bisbal, Melendi e Rosario, confirmados previamente.

A maior presenza mediática de Rubio coincidirá coa promoción do seu undécimo álbum de estudo, Deseo (Universal), que se publica este venres e constitúe o seu primeiro en sete anos, escusa que ademais traerá á artista de xira a España en 2019.

"Nunca me fun de España; estiven aquí tranquilita e discretita, pero estarei máis que antes, iso é certo", avanzaba a Efe, nunha charla na que desvelou que será en abril cando se faga oficial o seu novo tour europeo. 

Comentarios