Pipi Estrada recoñece que acode locais de intercambio de parellas sen compañía

O xornalista comenta que empezou a facelo nos últimos días da súa relación con Miriam Sánchez, xa que necesitaba "relación carnal"
Pipi Estrada. INSTAGRAM
photo_camera Pipi Estrada. INSTAGRAM

O xornalista e habitual colaborador de Sálvame Pipi Estrada confesou no programa de Telecinco que é usuario habitual dos locais de intercambio de parellas, un hábito que tomou nos últimos días da súa relación con Miriam Sánchez.

Estrada comentou durante no último ano no que foi parella da comunicadora xa non tiñan "relación carnal". Isto supuña un problema para el xa que necesita este tipo "de relación, dado que se define sexualmente "moi activo".

Pipi non só confesou a súa asiduidade a este tipo de locais, senón que ademais faio sen compañía. "Son o único home que entra só nese local de intercambio de parellas", comentou explicando que o dono do local é amigo seu. O presentador do programa, Jorge Javier Vázquez aféolle este hábito.

"Pois me parece moi mal que entres só, contestoulle. "As normas son que vaian parellas, por moito enchufe que teñas"·

O tamén colaborodar do programa, Kiko Hernández, tamén se sumaba ás críticas, cunha pertinaz observación: "Se ti vas só e alí van matrimonios, aí sobra un".