Robert de Niro abre un restaurante de comida xaponesa en Moscova

O actor inaguró o local rompendo cun martelo a tapa dunha gran cuba de madeira como manda a tradición nipoa
Robert De Niro en una imagen de archivo
photo_camera Robert De Niro en una imagen de archivo

O actor estadounidense Robert de Niro  abriu un restaurante da cadea xaponesa Nobu nun dos centros comerciais e de exposicións máis exclusivos da capital rusa.

De Niro , que ten negocios no mundo cinematográfico, inmobiliario e gastronómico, foi a estrela do acto celebrado onte á noite no Crocus City Hall, onde está situado o novo restaurante, do que é copropietario. Compareceu ante a prensa acompañado polo cociñeiro xaponés máis famoso do mundo, Nobuyuki Matusuhisa, co que fixo as honras ao estilo nipón ao romper cun martelo a tapa dunha gran cuba de madeira, segundo informa este martes a prensa local.

O actor dedicou algúns minutos a debartir coa prensa rusa, que insistiu en preguntarlle se non se exporía solicitar a cidadanía rusa como ocorreu co actor francés Gerard Depardieu ou o boxeador estadounidense, Roy Jones Jr. "Pode ser (...) Como vostede pode imaxinar é algo complicado. Xa veremos", dixo.

Este é o segundo restaurante na capital rusa da cadea Nobu, que está especializada en sushi, xa que o primeiro foi inaugurado tamén por De Niro en 2009.

O actor italo-americano, de 72 anos, visitou por vez primeira ese país en 1987, en plena Perestroika soviética, cando encabezou o xurado do Festival Internacional de Cine de Moscova.

Comentarios