O televisor enrollable sairá á venda en España en setembro

Foi presentado o luns na feira CES 2019 de electrónica de consumo das Vegas

La nueva televisión enrollable
photo_camera A nova televisión enrollable

O televisor de alta definición de LG que se enrola sobre si mesmo cando está apagado para non ocupar espazo e que foi unha das estrelas da feira CES na edición que termina este sábado sairá á venda en España en setembro, informaron a Efe fontes da empresa.

O LG Signature OLED TV R, presentado o luns na feira CES 2019 de electrónica de consumo das Veigas (Nevada, EE.UU.) é unha versión mellorada e terminada do prototipo de televisor plegable co que a compañía xa sorprendeu neste mesmo congreso o ano pasado.

A pantalla de 65 polgadas está feita con material OLED (ledes orgánicos) que emite imaxe de resolución 4K, moi brillante e de alto contraste, como as que a empresa xa ten no mercado, e está "montada" sobre unha caixa rectangular dunha altura inferior a un terzo da do monitor.

Esta caixa é a que "esconde" o televisor cando se apaga, enrolado sobre si mesmo coma se dunha persiana tratásese.

A pesar de adiantar a Efe a data de lanzamento do produto ao mercado español, a multinacional surcoreana non ofreceu detalles sobre o prezo que terá.

CES, a maior feira de electrónica de consumo do mundo, reuniu esta semana nas Veigas a máis de 180.000 persoas entre asistentes, expositores, xornalistas e analistas do sector.

Comentarios