Tres colaboradores de 'Sálvame', condenados a pagar 120.000 euros por insultar a Lomana

O Tribunal Supremo dita que Belén Esteban, Kiko Matamoros e Mila Ximénez terán que pagarlle unha indemnización por danos morais
Belén Esteban, en 'Sálvame'
photo_camera Belén Esteban, en 'Sálvame'

Belén Esteban, Kiko Matamoros e Mila Ximénez terán que pagar unha indemnización de 120.000 euros a Carmen Lomana por insultala en dous programas de televisión.

O Tribunal Supremo confirma a condena da Audiencia Provincial de Madrid aos tres colaboradores de Sálvame, obrigados a pagar esa indemnización por danos morais á socialité, que interpuxo a demanda en xullo de 2011, segundo informa este mércores en exclusiva o portal Vanitatis.

O alto tribunal recorda na sentenza algúns dos insultos e descualificacións vertidos nos programas Sálvame e Sálvame Deluxe, como "analfabeta", "payasa", "imbécil", "estafadora", "tonta del culo", "busca camas altas " e "cerda", entre outros.

A sentenza considera que se trata de "puros e simples insultos e expresións dirixidas a ofender" a Carmen Lomana. 
A Audiencia Provincial de Madrid estimou no seu día que estas son "manifestacións indignas que constituían un grave atentado contra a honra e a imaxe" da demandante.

Os condenados alegaron na súa defensa que as súas palabras estaban amparadas na liberdade de expresión e información e non tiñan carácter ofensivo.



Comentarios