Valentino Rossi vístese de 'Dottore' para anunciar que vai ser pai

O piloto de 42 anos e a modelo Francesca Sofía Novello serán pais dunha nena
Rossi, con su pareja. TWITTER
photo_camera Rossi, coa súa parella. TWITTER

Valentino Rossi vai ser pai. O piloto italiano, que recentemente anunciou que esta ía ser a súa última tempada como corredor de MotoGP, fixo honra ao seu alcume de Il Dottore e disfrazouse de médico para a ocasión. 

"Logo dunha esmerada visita, podemos comunicarlles que Franci está embarazada! Esperamos unha nena", anunciou Rossi a través das súas redes sociais, nunha foto na que aparece cun estetoscopio xunto á nai.

Aos seus 42 anos, Valentino emprenderá unha nova vida con non menos curvas que os circuítos de motos nos que se pasou os últimos 26 anos.

Comentarios