Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

"O xogo rematou", o enigmático tuit de Amaia Montero

Amaia Montero. AEP
Amaia Montero. AEP

A cantante disparou as alarmas entre os seus seguidores con varias mensaxes que soan a despedida

Amaia Montero fixo saltar as alarmas dos seus seguidores cunhas enigmáticas mensaxes en Twitter nos que parece suxerir a súa retirada da música: "The game is over" ("o xogo rematou", en galego) e "Empezando a despedirme e empezando polo principio".

Publicado na noite do martes, este último tuit chegou acompañado dunha imaxe do cuádruplo disco de platino que a artista recibiu mentres exerceu de vocalista e compositora no primeiro disco do grupo La Oreja de Van Gogh, Dile al sol (1998). Preto dun millón de copias vendéronse daquel álbum de debut que incluía temas como Cuéntame al oído e ao que seguiron outros tres traballos igualmente exitosos con Montero á fronte: El viaje de Copperpot (2000), Lo que te conté mientras te hacías la dormida (2003) e Guapa (2006).

Grazas á súa sólida voz e ao seu paso por La Oreja de Van Gogh, Montero converteuse nunha das vocalistas máis recoñecidas e demandadas da música española, con colaboracións xunto a outros compañeiros de profesión como Álex Ubago na balada Sin miedo a nada, as cales empezaron a anticipar a súa independencia.

En 2008 comezou a súa carreira en solitario con Amaia Montero (2008), que chegou ao número 1 en vendas en España. Seguíronlle Amaia Montero 2 ou simplemente 2 (2011), Si Dios quiere yo también (2014) e, recentemente, Nacidos para creer (2018), editado en xuño.

O lanzamento deste último álbum foi máis noticia por unha errática actuación da cantante en Renedo de Piélagos (Santander) que ela achacou a problemas de son. As críticas motivaron incluso a intervención do tamén músico Manolo García na súa defensa.

Non era a primeira vez que Amaia Montero era obxecto de chanza e polémica nos últimos anos, xa fose por actuacións que carecían da rotundidade de outrora, polos seus cambios de peso, por aparecer nunha gala dos 40 Principais aparentemente ebria (extremo que ela negou) ou polos supostos cambios no seu rostro. 

"O xogo rematou", o enigmático tuit de Amaia Montero
Comentarios