A youtuber Verdeliss, a nova concursante de GH VIP

A influencer, que conta con 1.5 millóns de subscritores en Youtube, será a primeira concursante en entrar embarazada na casa de Guadalix de la Sierra

Verdeliss, décima concursante de GH VIP 6. MEDIASET
photo_camera Verdeliss, décima concursante de GH VIP 6. MEDIASET

Estefanía Unzu, máis coñecida como Verdeliss, confírmase como unha das concursantes da próxima edición de Gran Hermano VIP. Verdeliss é unha das raíñas de Youtube, con 1.5 millóns de subscritores en Youtube e case 700.000 seguidores en Instagram, que se sumará ao reality embarazada do seu sétimo fillo. 

Algún dos seus vídeos acumulan millóns de reproducións. En concreto, o parto do seu fillo Julen acumula 18 millóns de reproducións e a lactación das súas mellizas, 12 millóns. 

Verdeliss, embarazada de 11 semanas, decide entrar na casa para "vivir a experiencia", segundo relatou a Europa Press. Sostén que non busca "nin o diñeiro nin a fama" e que lle custará estar sen os seus seis fillos. 

O que está claro é que GH VIP quenta motores coa confirmación de Verdeliss xunto a Aurah, Oriana, Ángel Garó, Mónica Hoyos, Darek, Suso, Aramís Fuster, Makoke e o Koala como concursantes.

Comentarios