O edificio da Xunta en Lugo estrea unha sala "específica" para lactancia

O Goberno galego achega 539.000 euros para fomentar a conciliación e loitar contra a violencia de xénero
Balseiro y López Abella, en rueda de prensa
photo_camera Balseiro y López Abella, en rueda de prensa

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, anunciou este mércores que o edificio administrativo, situado na Ronda da Muralla, acaba de "estrear" unha sala "específica" para lactancia. Ademais, o Goberno galego achegou un investimento de 539.000 euros para fomentar a conciliación e loitar contra a violencia de xénero, entre outras iniciativas na provincia.

A sala de lactancia segundo concretou Balseiro, serve para a "conciliación" e abriuse non só para que sexa usada polas funcionarias, senón tamén polas usuarias que acoden á delegación da Xunta.

O anuncio fíxoo durante a rolda de prensa, na que, acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, informaron dos investimentos do Goberno galego para a provincia. Segundo sinalaron, 539.000 euros son os que puxo a disposición a Xunta para fomentar a "conciliación laboral", así como incidir na loita contra a violencia de xénero e para os centros de información á muller na provincia de Lugo.

Comentarios