Imputado un home sen carné que fuxiu dun accidente en Taboada

A Garda Civil deu co paradoiro do mozo, de orixe romanesa, días despois do incidente

A Garda Civil imputou pola suposta comisión dun delito contra a seguridade colectiva a un cidadán romanés, de 21 anos e veciño do municipio lucense de Taboada, que fuxiu do lugar dun accidente que el mesmo provocara, a pesar de que tiña o carné retirado pola perda de puntos.


Os feitos ocorreron o pasado 17 de maio, ao redor das 20:00 horas, segundo informou o instituto armado, cando se produciu un accidente de circulación nunha rúa da capital municipal de Taboada.

Segundo a Garda Civil, o causante do accidente deuse á fuga, o que motivou que se iniciase unha investigación que culminou coa imputación do mozo romanés, que xa foi posto a disposición xudicial. 

Comentarios