A CHMS licita obras de mellora nos cauces de Lugo

O obxectivo deste proxecto é mellorar "o réxime fluvial natural e a contorna dos cauces situados en zonas sensibles, situados nas comarcas de Terra Chá, Monforte de Lemos e Lugo"

A Condeferación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) licitou por 1.216.793 euros o contrato de obras para a "Restauración Hidrolóxico-Forestal e mellora da conectividad de varios cauces da conca Miño-Sil na provincia de Lugo", concretamente de zonas incluídas na Rede Natura 2000, ademais de contratar, por importe de 72.000 euros, a asistencia técnica para a dirección destas actuacións.


A licitación dese contrato sae este martes publicada no Boletín Oficial do Estado, no que se pode comprobar que o prazo para presentación de ofertas termina o día 29 de xuño no caso das obras e o 22 do mesmo mes para a asistencia técnica.

O obxectivo deste proxecto, que executará o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da propia CHMS, é mellorar "o réxime fluvial natural e a contorna dos cauces situados en zonas sensibles, situadas na comarca de Terra Chá, Monforte de Lemos e Lugo", incluídas a Rede Natura 2000.

Son zonas que actualmente presentan "unha escasa capacidade de desaugadoiro, como consecuencia da acumulación de árbores caídas e ramas baixas, que provocan a formación de tapóns e represas vexetais. 

Comentarios