Lugonovo denuncia que o Concello usa auga potable para baldear as rúas

O portavoz do grupo tola, Santiago Fernández Rocha, apunta que un litro cúbico de auga depurada custaría a metade
Grifo con agua
photo_camera Grifo con agua

O grupo municipal de Lugonovo denunciou o que considera un auténtico "despropósito", que é a utilización por parte da empresa concesionaria do servizo de limpeza de auga potable para baldear as rúas da cidade.

"O descontrol que afecta o servizo municipal de augas é de tal magnitude que, entre outros despropósitos, inclúe a utilización de auga potable para regar xardíns e baldear rúas", dixo o portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha.

Precisou, nese sentido, que "estamos a falar de que, cada día, destínanse a ese uso unha cantidade inxente de litros", cando "potabilizar un metro cúbico cústalle ao Concello" case 18 céntimos de euro, fronte aos 9 céntimos que custa depurala e que "serviría perfectamente para ese fin".

Fernández Rocha dixo que en 2016 a administración local gastou 1,5 millóns de euros para tratar 8,7 millóns de metros cúbicos de auga para consumo humano, aínda que a poboación da cidade "só demandou 5,5 millóns".

Ese "desfasamento", subliñou, "non se pode recuperar", de modo que o "40%" da auga potabilizada "non se pode facturar".

Comentarios