Intecmar apunta a que a incidencia da marea vermella nas rías galegas incrementarase aínda máis

A toxicidade nas augas galegas pola purga do mar coñecida popularmente como marea vermella non remite e a tendencia é que se manteña ou incluso que se incremente a súa incidencia, segundo a directora do Instituto Tecnolóxico do Mar (INTECMAR), Covadonga Salgado.

Salgado declarou que en Galicia hai tan só dous polígonos mexilloeiros abertos na ría de Arousa, en Vilagarcía e Cambados, e cinco na de Vigo. En canto ao marisqueo das trinta e tres zonas existentes, 14 atópanse pechadas non se permite a extracción de bivalvos.

A Asociación Galega de Mariscadoras (AGAMAR) xa alarmou o pasado fin de semana da intensidade coa que está a afectar a toxina aos bancos, o que nunca sucedera ata agora. A Asociacion teme que a marea vermella esténdase e aumente as perdidas que xa está a ocasionar ás agrupacións que ven por non poder traballar mentres se manteña a presenza da toxina.

Pola súa banda, a Asociación Galega de Depuradoras asegura que xa terminou o stok de mexillón e cre que algunhas empresas terán que pechar preventivamente mentres non se poida extraer máis produto.

Máis en Medio Ambiente
Comentarios