As obras nos canóns de río Sil, baixo lupa

El río Sil (Foto de archivo)
photo_camera El río Sil (Foto de archivo)

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo instou a investigar as obras que a empresa Iberdrola efectúa nos canóns do río Sil, informou este xoves a fundación Germán Estévez dedicada á salvagarda do medio ambiente.

Trátase dunhas obras que levan a cabo nos últimos meses na conca dos ríos Miño e Sil, nas inmediacións da localidade ourensá de Loureiro en Nogueira de Ramuín, precisou a citada entidade.

''A comisión de peticións por orde do seu presidente, Marcin Libicki, abriu un expediente informativo a instancia dos membros da Fundación Germán Estévez para a protección da natureza e a defensa do medio ambiente'', indica nun comunicado.

Zona protexida
Agrega que a comisión dependente do Parlamento Europeo considera que non se pode executar un proxecto nunha zona protexida e danar o contorno do río Sil que a natureza tardou máis de mil anos en crear'', precisa a fundación.

Neste sentido, o colectivo ecoloxista opina que tanto o Ministerio de Medio Ambiente como o próximo goberno da Xunta ''deberían reconsiderar a iniciativa e ordenar o fin dunhas obras que van danar considerablemente os valores naturais e ambientais dunha das paraxes máis emblemáticas de Galicia''.

A entidade ecoloxista apunta que leva a cabo unha serie de accións e recursos administrativos ante o Goberno central contra ese proxecto por entender que se vulneraron varios procedementos.

Máis en Medio Ambiente
Comentarios