WWF e Correos, unidos pola recuperación das carballeiras galegas

World Wide Fund for Nature (WWF) e Correos puxeron en marcha unha campaña dirixida á recuperación de carballeiras galegas, seguindo así un proxecto que abordan a nivel de todo o territorio español.

O plan para recuperar os bosques tradicionais galegos foi presentado hoxe en Baiona, coa presenza de responsable do Proxecto de Restauración de WWF España, e do presidente de Correos, Alberto Lafuente.

Segundo informan fontes da organización a través dunha nota de prensa, o galego será o sétimo bosque sobre o que se traballe na península, e a súa realización é posible grazas ao financiamento da empresa postal, que destina a ese fin unha parte das vendas da "súa Liña Verde".

No caso das carballeiras galegas, o plan pretende incrementar a súa presenza na paisaxe, xa que actualmente só sobreviven entre o 5 e o 15% da súa superficie orixinal. De feito os pasos dados ata o momento permitiron a recuperación de 16 hectáreas de monte galego na zona do Val Miñor (Pontevedra) e na provincia de Lugo, informan os responsables da organización.

No caso concreto dos municipios pontevedreses, a posta en marcha desta actuación permitiu desde xullo do pasado ano restaurar 12 hectáreas de bosque autóctono, e para iso contouse coa colaboración da Mancomunidade de Montes de Val Miñor.

Máis en Medio Ambiente
Comentarios