Acusan a unha muller de homicidio imprudente tras o suicidio da súa parella en Boston

A fiscalía asegura que a rapaza instou repetidamente ao seu mozo a "suicidarse" e "morrer"
La pareja de estadounidenses. EP
photo_camera A parella de estadounidenses. EP

Unha moza foi acusada de homicidio imprudente en Massachusetts (Estados Unidos) polo falecemento da súa parella, Alexander Urtula. O falecido, de 22 anos, suicidouse despois de que a súa moza o alentase a quitarse a vida en numerosas ocasións. 

Inyoung You, de 21 anos e orixe surcoreana, intercambiou máis de 75.000 mensaxes de texto coa súa parella nos dous meses previos á súa morte, instándoo repetidamente a "suicidarse" e a "morrer" porque tanto ela como a súa familia estarían mellor sen el. 

Os fiscais mostraron que You abusou da súa parella de forma verbal, física e psicolóxica ata que Urtula terminou suicidándose. "O abuso fíxose máis frecuente, máis poderoso e máis degradante nos días e horas previos á morte do señor Urtula", afirma o comunicado dos fiscais.