A Coroa de Espiñas e a túnica de San Luís sálvanse das chamas de París

Trátase das dúas reliquias de máis valor que se atopaban na catedral de Notre Dame

Túnica de Luis IX y la Corona de Espinas.EP
photo_camera Túnica de Luís IX e a Coroa de Espiñas.EP

O reitor-arcipreste de Notre Dame, Patrick Chauvet, anunciou que se salvaron dous dos obxectos relixiosos máis importantes que albergaba a catedral: a Coroa de Espiñas e a Túnica de San Luís.

A reliquia da Coroa de Espiñas corresponde á coroa que os soldados romanos colocaron a Jesús de Nazaret na cabeza durante a súa crucifixión para burlarse de que se proclamou rei dos xudeus.

O outro obxecto rescatado é a Túnica de San Luís, un xubón que supostamente pertenceu ao rei Luix IX (1214-1270), último monarca europeo que se embarcou nunha cruzada para recuperar Xerusalén. 

Comentarios