viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

O descarrilamento dun tren en probas causa sete mortos na Alsacia

O tren envorcou e parte dos vagóns caeron a unha canle antes de prenderse lume, segundo unhas testemuñas

O descarrilamento dun tren de alta velocidade (TGV, nas súas siglas en francés) en probas causou este sábado polo menos sete mortos xunto á localidade de Eckwersheim, confirmou este sábado a Efe a Prefectura de Alsacia (este de Francia).

A bordo do tren ían 49 técnicos da compañía de ferrocarrís SNCF, precisou a fonte, segundo a cal o número de falecidos podería aumentar porque hai polo menos 11 feridos moi graves.

A Prefectura avanzou que en principio nada apunta a unha hipotética vinculación cos atentados que arrasaron París este venres á noite, nos que houbo polo menos 127 mortos, e sinalou que se dá prioridade a que o tren descarrilase por un exceso de velocidade.

O diario Dernières Nouvelles d'Alsace detalla na súa edición dixital que, de acordo con testemuñas, o tren envorcou e parte dos vagóns caeron a unha canle, antes de incendiarse.

Varios feridos tiveron que ser trasladados aos hospitais en helicóptero, agrega o xornal, que indica que o secretario de Estado de Transporte, Alain Vidalies, e a ministra francesa de Ecoloxía, Ségolène Royal, van trasladarse ao lugar do sinistro.

O descarrilamento dun tren en probas causa sete mortos na Alsacia
comentarios
ç