O Pentágono fai públicos cinco vídeos caseiros de Bin Laden

O Pentágono fixo públicos este sábado cinco vídeos caseiros de Osama bin Laden, onde se ve ao líder de Al Qaeda na súa casa de Abbottabad ensaiar discursos propagandísticos con diferentes vestimentas ante a cámara e revisalos en televisión. Os vídeos foron mostrados a un grupo reducido de xornalistas no Pentágono, e son parte do material recuperado na operación militar de EE.UU. que matou a Bin Laden o pasado luns.

Un dos vídeos é unha mensaxe aos Estados Unidos gravada en outubro ou novembro pasado na que se condena a política de Washington e o capitalismo, segundo indicou o Departamento de Defensa.

As imaxes mostradas que recollen tamén parte da vida diaria de Bin Laden foron reproducidas sen audio, informou a CNN. O Pentágono agregou que o revelado hoxe só é parte do que considera "a maior cantidade de material" incautado sobre Bin Laden e que segue analizando.

Os analistas consideran que a intención de EEUU coa difusión destes vídeos é disipar dúbidas acerca de que foi Bin Laden quen morreu no operativo militar do luns pasado.

Comentarios