En estado crítico unha muller tras recibir un disparo durante a proxección da última película de Michael Bay

A vítima atopábase nun cine dos Estados Unidos cando recibiu o impacto de bala

Unha muller atópase en estado crítico tras recibir un disparo dun home que estaba a xogar coa súa pistola durante a proxección da última película de Michael Bay nun cine de Renton, no estado de Washington (Estados Unidos), segundo informaron as autoridades á cadea estadounidense CNN.

A vítima atopábase no cine vendo a película '13 horas: os Soldados Secretos de Bengazi', sobre o asalto ao Consulado estadounidense nesta cidade libia en 2012, cando recibiu o impacto da bala, segundo as mesmas fontes.

"Ouviuse un disparo, pensabamos que explotara unha lámpada do cine, así que ninguén reaccionou", explicou unha testemuña á cadea de televisión. As primeiras investigacións apuntan a que o sospeitoso estaba en estado de embriaguez cando disparou á persoa que estaba diante del, informou a Policía de Renton. "O sospeitoso foise do cine e aínda non foi localizado", engadiu.

Comentarios