Atopan a cabeza dun mafioso xunto a un bar de narguile de Amsterdam

Formaba parte dun cadáver achado o martes no interior dun coche incendiado, que apareceu no sueste da cidade holandesa
La Policía investiga el lugar donde se ha localizado la cabeza, en el distrito de Amstelveenseweg
photo_camera La Policía investiga el lugar donde se ha localizado la cabeza, en el distrito de Amstelveenseweg

A cabeza dun home de 23 anos vinculado coa mafia marroquí de Amsterdam e identificado como Nabil Amzieb, foi achada este mércores nun cubo azul depositado nos arredores dun bar de narguile da capital holandesa.

A cabeza atopada formaba parte dun cadáver achado o martes no interior dun coche incendiado, que apareceu no sueste da cidade, informou o diario Telegraaf.

O cubo coa cabeza estaba na beirarrúa e colocado de modo que as persoas de dentro do bar puidesen vela.

A cabeza foi descuberta por un transeúnte, que rapidamente alertou a Policía.

Un grupo de mozos tamén viu a cabeza do decapitado e tomaron fotos cos seus móbiles, pero os axentes desprazados obrigáronos a borralas.

O bar de narguile no que apareceu a cabeza, Fayrouk, desempeña un papel importante no que o xornal holandés sinala como a "guerra de mafias" en Amsterdam.

En 2014 foi asasinado a tiros Mohammed El Mayouri, nas inmediacións deste local, situado na avenida Amstelveenseweg da capital holandesa.

Comentarios