Un "erro humano" acaba na amputación da perna equivocada

O fallo podería deberse á violación do principio dos catro ollos 
Material quirúrgico. PIXABAY
photo_camera Material cirúrxico. PIXABAY

Un terrible fallo médico sáldase coa amputación da perna equivocada a un paciente de 82 anos, cuxa extremidade padecía unha grave enfermidade. O incidente, ocorrido o a clínica Freistadt de Austria, foi cualificado polo propio hospital como "un erro humano". 

Así, os feitos remóntanse ao pasado 18 de maio, cando o home entrou en quirófano para ser intervido dunha amputación desde o xeonllo na perna esquerda pero, dada a fatalidade, terminou sendo operado da extremidade contraria. 

Por mor da equivocación, as autoridades abriron unha investigación para aclarar as causas do suceso e depurar responsabilidades ante unha posible neglixencia pola violación do principio dos catro ollos, polo que as actividades que entrañan riscos materiais para os doentes deben ser auditadas por un segundo profesional antes de ser levadas a cabo.  

Responsables do centro médico aseguraron atoparse "profundamente conmocionados" polo erro, asegurando que o fallo se debeu á marcaxe da perna contraria instantes antes da cirurxía. Deste xeito, programaron xa a nova intervención e ofrecéronlle ao ancián apoio psicolóxico, dada a penalidad que supón perder as dúas extremidades. 

Comentarios