Un estudante causa polo menos 18 mortos e 40 feridos nun instituto de Crimea

O mozo disparou cun fusil contra as persoas que se atopaban no colexio e logo suicidouse. Detonou ademais un artefacto explosivo de fabricación caseira no comedor do centro educativo

Personal de los servicios de emergencias atienden a varios heridos en el instituto de Crimeo. KERCH.FM
photo_camera Persoal dos servizos de urxencias atende a varios feridos. KERCH.FM

Polo menos 18 persoas morreron e outras 40 resultaron feridas este mércores nun atentado con bomba e fusil perpetrado por un estudante nun instituto de Crimea. O autor da masacre nun colexio de Kerch era un alumno do centro educativo de 18 anos que se suicidou posteriormente, segundo informou o Comité de Instrución de Rusia.

"Foi o estudante do cuarto curso do intituto Vladislav Rosliakov, de 18 anos", dixo a portavoz do CIR, Svetlana Petrenko, quen explicou que a identidade do atacante, que chegou ao instituto cun fusil na man, foi establecida con axuda das cámaras de videovixilancia do establecemento. O ataque foi acompañado da detonación dun artefacto explosivo de fabricación caseira no comedor do establecemento educativo. 

"O seu corpo con ferida de bala foi achado nunha das dependencias do colexio. A xulgar pola escena do crime, a investigación considera que o mozo disparou contra as persoas que se achaban no instituto e logo suicidouse", dixo Petrenko, citada pola axencia rusa Interfax.

Segundo os últimos datos, o ataque deixou polo menos 18 mortos e 40 feridos, a maioría adolescentes. Inicialmente o Comité de Instrución abriu un proceso penal por "terrorismo", que máis tarde, unha vez iniciadas as investigacións, modificou por asasinato "de dous ou máis persoas".

Comentarios