Fan pasar vacinas para cans por vacinas para o covid en Chile

Foron administradas a un centenar de persoas
Una enfermera prepara una dosis de la vacuna de Pfizer. GUILLAUME HORCAJUELO (EFE)
photo_camera Unha enfermeira prepara unha dose da vacina de Pfizer. GUILLAUME HORCAJUELO (EFE)

Hai un ano, cando todo o mundo esperaba polas vacinas contra o coronavirus, nun recuncho de Chile da rexión de Antofagasta xa se estaba inmunizando a un centenar de persoas.

Nas últimas horas saíu á luz que dous veterinarios fixeron pasar doses para cans como efectivas contra o covid. Un deles difundiu un falso estudo no que recomendaba a mesma inxección que frea enfermidades como distemper ou parvovirus para o coronavirus.

Con esta base servíronse para vacinar ao xa mencionado centenar de persoas. Agora as autoridades investigan aos veterinarios por exercicio ilegal de medicamento. 

Este suceso non embaza que Chile continúa sendo un dos países con maior porcentaxe de poboación vacinada. 

Comentarios