Tres feridos nun altercado na estación de trens de Ámsterdam

Descoñécese se hai unha relación entre o atacante e as outras dúas vítimas, aínda que non se descarta que se trate dun axuste de contas.

Estación de tren en Ámsterdam. EFE
photo_camera Estación de tren en Ámsterdam. EFE

Polo menos tres persoas resultaron feridas este venres nun apuñalamento na Estación Central de trens de Ámsterdam, entre eles o atacante, que recibiu un disparo dos axentes de seguridade, segundo confirmou a Policía holandesa.

Nunha mensaxe de Twitter, a Policía explicou que o incidente ocorreu no túnel da estación principal de Ámsterdam, a máis frecuentada polos turistas que chegan á cidade. Descoñécese se hai unha relación entre o atacante e as outras dúas vítimas, aínda que non se descarta que se trate dun axuste de contas.

Segundo a web de NS, a compañía ferroviaria de Holanda, non hai trens circulando desde nin cara á Estación Central, xa que a Policía pechou o túnel onde tivo lugar o incidente mentres leva a cabo a investigación.

Comentarios