Un forte terremoto de 7,7 graos sacode Cuba e Xamaica

Polo momento non se rexistraron danos humanos
 
La Habana, tras el terremoto, que ha obligado a desalojar los edificios más altos de la ciudad ERNESTO MASTRASCUSA
photo_camera A Habana, tras o tremor. ERNESTO MASTRASCUSA

Tres semanas despois de que un terremoto de 6,4 se rexistrase no sur de Porto Rico, outro de 7,7 na escala aberta de Richter sacudiu o Mar Caribe entre Xamaica e o sur de Cuba, que deixou algúns danos materiais en varios puntos de localidades caribeñas e espectaculares imaxes, así como desaloxos nalgunhas cidades tan afastadas como Miami.

Producíronse despois cinco replícas a 49 quilómetros ao sueste das Illas Caiman de 4,4 e unha sexta, de 6,1.

En Cuba sentiuse en case toda a illa, pero de momento non se reportaron danos humanos nin materiais. Na Habana evacuáronse os edificios altos.

O último terremoto significativo que ocorreu en Cuba foi rexistrado o 17 de xaneiro de 2017, con magnitude 5,8 na escala de Richter, e non deixou danos humanos nin materiais.

O primeiro tremor perceptible en Cuba en 2020 sacudiu a rexión oriental cubana de Caimanera, na provincia de Guantánamo, o pasado 23 de xaneiro con magnitude 4,2 na escala de Richter sen causar tampouco vítimas nin danos.

O mesmo ocorreu na capital de Xamaica, Kingston.

Nas Bahamas, o traballo no sector público foi suspendido.

O sismo rexistrouse este martes a 120 quilómetros do extremo noroeste de Xamaica e 80 quilómetros do sueste de Cuba no bordo da Placa do Caribe ás 19.10 GMT, a unha profundidade de 10 quilómetros.

Foi seguido dunha alerta de tsunami, de apenas uns minutos, para Belice, Honduras, México, Xamaica, Cuba e a Illa Caimán.